AMPLIAR INFORMACIÓN DA APP
“Decisións en man” é un xogo interactivo en liña do a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, dispoñible nas stores de Apple e Google Store e dirixido a un público adolescente de 12 a 14 anos.
Nel, preséntanse decisións ante as persoas usuarias continuamente ao longo de 4 historias que representan situacións relacionadas co uso das redes sociais e o consumo de substancias adictivas. En cada situación terán que decidir entre dúas opcións para avanzar no argumento da historia, e as súas respostas afectarán a unha serie de valores que afectan o seu estilo de vida xeral. Esta nova ferramenta permite aos equipos de prevención traballar co alumnado desas idades dunha maneira próxima nas dinámicas aplicadas nos centros. O seu obxectivo é facerlles reflexionar sobre como afectan as decisións que toman no seu día a día ao seu estilo de vida.
- Configuración de perfil de usuario. Antes de empezar, pódese escoller o pronome e a idade da persoa que vai xogar.
- Menú de selección de partida. Coas opcións de comezar de novo, continuar nun punto anterior ou ver as decisións que tomaron outras persoas.
- Ata catro historias para xogar. Cada unha céntrase nun tema diferente co que se poden atopar as persoas durante a súa adolescencia..
- Respostas doutras persoas usuarias. Ao finalizar cada historia hai a opción de acceder a unha pantalla na que se mostra a comparación de respostas ofrecidas por outras persoas na mesma historia.