Ampliar información da app

Co objectivo de previr o consumo de substancias adictivas na mocidade, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia deseñou a aplicación de realidade virtual “Nas túas mans”. Está dirixida a mocidade de 12 a 14 anos (1º ciclo de ESO) para a prevención e sensibilización de temas como o consumo de bebidas alcohólicas, o uso problemático das redes sociais ou o acoso.

A aplicación está plantexada como unha experiencia en primeira persoa na que se recrea unha historia próxima á realidade actual da mocidade. O obxectivo é que reflexionen sobre a importancia de tomar decisións por sí mesmos e sobre as consecuencias positivas e negativas destas sobre eles e sobre os demais; así como fomentar o debate sobre os seguintes temas:

  • Consumo de bebidas alcohólicas
  • Presión grupal
  • Acoso
  • Uso das redes sociais
  • Actitudes responsables

Esta experiencia inmersiva permite vivir en primeira persoa un conxunto de situacións nas que é necesario tomar decisións. Así, en diferentes momentos dáse a escoller entre varias opcións e, en función da decisión tomada, a historia progresa cara diferentes desenlaces.

Ademais, dependendo da elección, móstranse recomendacións ou leccións sobre o tema que se trata nese momento.

No peche exponse unha reflexión final sobre se as decisións tomadas ao longo da historia están aliñadas cos valores persoais seleccionados ao comezo da experiencia; así como analizar como a nosa contorna próxima, as redes sociais, a publicidade de determinados produtos e a sociedade en conxunto inflúen nas nosas decisións.

A aplicación está dispoñible tanto en galego como en castelán e é accesible a persoas con discapacidade auditiva. Se desexa solicitar o uso da aplicación, pode facelo contactando coa Consellería de Sanidade na dirección de correo: smediaverso_regaps@sergas.es
Scroll ao inicio