AMPLIAR INFORMACIÓN DA APP

“Decisións na man” é un xogo interactivo en liña da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia , dispoñible nas tendas de Apple e Google e dirixido a un público adolescente de 12 a 14 anos.

Nela preséntanse as decisións aos usuarios de forma continua ao longo de 4 historias que representan situacións relacionadas co uso das redes sociais e o consumo de substancias adictivas. En cada situación terán que decidir entre dúas opcións para avanzar na trama da historia, e as súas respostas afectarán a unha serie de valores que afectan ao seu estilo de vida global. Esta innovadora ferramenta permite que os equipos de prevención traballen co alumnado destas idades dun xeito próximo nas dinámicas aplicadas nos centros. O seu obxectivo é facerlles reflexionar sobre como afectan as decisións que toman no seu día a día ao seu estilo de vida.

A aplicación conta coas seguintes funcionalidades:

  • Configuración do perfil de usuario. Antes de comezar, podes escoller o pronome e a idade da persoa que vai xogar.
  • Menú de selección de xogos. Con opcións para comezar de novo, continuar nun punto anterior ou ver as decisións tomadas por outras persoas.
  • Ata catro historias para xogar. Cada unha céntrase nun tema diferente que as persoas poden atopar durante a súa adolescencia.
  • Respostas doutros usuarios. Ao final de cada historia hai a opción de acceder a unha pantalla que mostra unha comparación de respostas ofrecidas por outras persoas na mesma historia.
 
 
Se quere que lle enviemos unha mensaxe cando estea dispoñible para dispositivos móviles, mande un email a sanidade.mediaverso@sergas.es
Scroll ao inicio