Ampliar información da APP

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ofrece nas stores de Apple e Google a aplicación móbil “Chef Junior”, que ten como obxectivo promover hábitos alimentarios saudables.

Dispoñible tanto en galego como en castelán, a persoa atopará a seguinte información:

A aplicación é unha ferramenta para aprender xogando sobre as diferenzas entre os alimentos , posibles formas de cociñalos e as súas combinacións para conseguir unha alimentación sa e equilibrada.

A medida que avanzan polas pantallas, reciben información sobre:

  • Recomendacións sobre alimentos a utilizar
  • Consellos sobre os tipos de métodos de cocción máis saudables
A aplicación conta cunha serie de funcionalidades que se describen a continuación:
  • Encher a cesta da compra: A través dun minijuego tipo Match 3, a persoa usuaria pode elixir entre unha ampla variedade de ingredientes, que pode seleccionar e acumular, desde os máis saudables ata os menos recomendados.
  • Facer a compra:  Unha vez conseguidos os ingredientes, poderase ver a lista para coñecer as propiedades de cada un e o que achegan nutricionalmente.
  • A cociñar!: O xogo permite utilizar diferentes técnicas de cociña para aprender varias formas de preparar os alimentos, algunhas poden ser máis saudables que outras. As máis saudables sumarán unha maior puntuación e permitirán desbloquear receitas saudables para facer en casa.
  • Puntuación obtida: O xogo permite sumar ou restar puntos segundo a calidade da comida e a cocción. Se se elixen correctamente obterase unha puntuación final que se poderá superar cada vez que se xogue.
  • Tempo de selección de alimentos
  • Clasificación: Nenos (Menores de 12 anos)
O deseño da aplicación e a información está adaptado para un público infantil correspondente a alumnos de 5º e 6º de primaria, entre 10 e 12 anos.
Scroll ao inicio