Ampliar información da APP
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ofrece na App Store e en Google Play a aplicación móbil “Chef Junior”, que ten como obxectivo promover hábitos alimentarios saudables.
A aplicación, dispoñible tanto en galego como castelán, é unha ferramenta para aprender xogando sobre as diferenzas entre os alimentos, posibles formas de cociñalos e as súas combinacións para conseguir unha alimentación sa e equilibrada.
A medida que avanzan polas pantallas, reciben información sobre:
- Recomendacións sobre alimentos a utilizar
- Consellos sobre os tipos de métodos de cocción máis saudables
A aplicación conta cunha serie de funcionalidades que se describen a continuación:
- Encher a cesta da compra: A través dun minixogo tipo Match 3, a persoa usuaria pode elixir entre unha ampla variedade de ingredientes, que pode seleccionar e acumular, desde os máis saudables ata os menos recomendados.
- Facer a compra: Unha vez conseguidos os ingredientes, poderase ver a lista para coñecer as propiedades de cada un e o que achegan nutricionalmente.
- A cociñar!: O xogo permite utilizar diferentes técnicas de cociña para aprender varias formas de preparar os alimentos, algunhas poden ser máis saudables que outras. As máis saudables sumarán unha maior puntuación e permitirán desbloquear receitas saudables para facer na casa.
- Puntuación obtida: O xogo permite sumar ou restar puntos segundo a calidade da comida e a cocción. Se se elixen correctamente obterase unha puntuación final que se poderá superar cada vez que se xogue.
- Tempo de selección de alimentos
- Clasificación: Nenos (Menores de 12 anos)
O deseño da aplicación e a información está adaptado para un público infantil correspondente a alumnos de 5º e 6º de primaria, entre 10 e 12 anos.