Camiña

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ofrece nas stores de Apple e Google a aplicación móbil “Camiña”, cuxo obxectivo é reducir o sedentarismo e promover hábitos beneficiosos para a actividade física.

Dispoñible tanto en galego como en castelán, a aplicación ten as seguintes características:

  • Aplicación móbil, dirixida a un público xeral, invita a camiñar en calquera lugar e os pasos percorridos utilizaranse para completar as diferentes etapas do Camiño de Santiago.
  • Asimesmo, nestos percorridos, motivarase a persoa usuaria mostrando datos de interese coma monumentos e adquirindo selos por etapa co obxectivo de conseguir a Compostela de cada un dos camiños.
Camiña_Portada

As características técnicas mostradas pola aplicación son:

  • Inicio de sesión ou entrar como persoa invitada : a persoa pode rexistrarse no servizo de É-saude cos seus datos persoais ou acceder como convidada.
  • Seleccionar camiño: na aplicación pódense ver e acceder aos diferentes roteiros do Camiño de Santiago, desde o Camiño Francés ata o Camiño Portugués da Costa, entre outros.
  • Visualizar datos por etapa: dentro de cada Camiño de Santiago aparecen as diferentes etapas nas que está dividido o camiño, pódese acceder a diferentes opcións como información histórica desa etapa ou o mapa para saber onde se atopa a persoa usuaria.
  • Visualizar puntos de interese : a medida que avanza visualizar diferentes puntos de interese que van aparecendo ao camiñar no mapa, xunto información asociada como onde se atopa e que é o que se pode ver.
  • Comunicación con app contador de pasos do móbil: a aplicación conta os pasos do usuario que se poden visualizar en cada etapa que seleccionada.

O obxectivo da aplicación é reducir o sedentarismo, motivando a práctica do camiñar a través da comparación do número de pasos do usuario cos números de pasos que daría se estivese percorrendo o Camiño de Santiago.

Aínda que é unha aplicación para todos os públicos, está pensada fundamentalmente para maiores de 65 anos.

Niveis de seguridade para o acceso ás diferentes funcionalidades da aplicación: A persona usuaria pode acceder á app como invitada ou iniciando sesión a través de É-saúde con Chave 365 ou certificado dixital. Para máis información sobre o tratamento de datos utilizado nesta aplicación, pódese consultar a política de privacidade na seguinte ligazón: https://sanidademediaverso.sergas.gal/camina/politica-de-privacidade/
*Para acceder con CHAVE365 é preciso que previamente o paciente autorice o seu uso de forma presencial no seu centro de saúde ou de forma telemática co DNI electrónico cumprimentando o formulario Solicitude de acceso con CHAVE365 e/ou certificado dixital.
Scroll ao inicio