Política de Privacidade
Ao descargar e usar a aplicación móbil ActivAR-t manifestas que liches e aceptas a Política de privacidade.
Le detidamente esta política de privacidade para persoas usuarias da aplicación móbil ActivAR-t (en adiante a “aplicación”) como experiencia dixital que promove e informa de hábitos de vida saudables da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. Esta política de privacidade, así como as condicións de uso da aplicación, poderán complementarse coa información sobre o funcionamento da aplicación publicada en https://sanidademediaverso.sergas.gal/activar-t/ , coa política xeral de privacidade da Xunta de Galicia e coa información xeral sobre o tratamento de datos persoais na Consellería de Sanidade e no Servizo Galego de Saúde.
1.Responsable do tratamento dos datos das persoas usuarias de ActivAR-t
- Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Sergas). Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.15781 Santiago de Compostela. CIF: Q6550006 H
- Contacto delegado de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos
6. Permisos que require a app
A aplicación solicita especificamente os permisos necesarios para poder proporcionar o conxunto de funcionalidades das que consta. Solicítanse unha única vez -recoméndase seleccionar a opción “Só cando a aplicación está en uso”- e logo poden modificarse e incluso revogarse como se indica a continuación, anque isto poida afectar ao correcto funcionamento da app.
- Aplicación Android: Neste caso pódese consultar a ligazón “Cómo cambiar os permisos dunha app nun teléfono Android”
- Aplicación iOS: Na opción Privacidade dos axustes do dispositivo atópanse as categorías para ver que aplicacións teñen acceso a que permisos, podendo modificalos
Os permisos necesarios son os seguintes, en función do sistema operativo do dispositivo onde se instale a aplicación:
Aplicación Android:
Cámara (CAMERA): A aplicación necesita permisos de cámara para utilizar a realidade aumentada e situar á personaxe animada no entorno real no que se atope a persoa usuaria.
Aplicación iOS:
Cámara (Camera Usage Description): A aplicación necesita permisos de cámara para utilizar a realidade aumentada e situar á personaxe animada no entorno real no que se atope a persoa usuaria.
13.Normativa básica aplicable
Esta aplicación non recolle nin almacena datos de carácter sensible. A única información que rexistra a nosa aplicación é a puntuación do xogo, que se almacena maneira exclusiva no dispositivo do usuario e non se vincula en ningún momento a ningún outro dato persoal.